O primeiro foi o documental querido Watson, no que montamos unha molécula de ADN e grabamos un video sobre o seu funcionamento e como a montamos.
O segundo e terceiro reto foron dous artigos científicos. No primeiro tivemos que extraer ADN dunha froita ou verdura e logo comentar o proceso.
No segundo artigo fixemos unha enquisa sobre o dedo pulgar curvo, o glóbulo pegado da orella e a lingua pregada, tres caracteres xenéticos.
Por último, no cuarto reto, había que decorar unha molécula de ADN como nos quixesemos, sempre e cando fose didáctico e o pasaramos ben. Este foi o resultado da nosa molécula, e do noso video:
VÍDEO
Como final do proxecto, ainda que non forma parte dos retos, decidimos facer un video de conclusión sobre este, decindo as diferentes opinións dos alumnos participantes e da profe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario