jueves, 7 de mayo de 2015

Descuberta unha sexta "letra xenética".



O alfabeto clave da vida, (a) ADENINA; (C) CITOSINA; (G) GUANINA; e (T) TIMINA; non son as únicas letras da natureza. Tamen coñecemos a existencia do uracilo (U) nas cadenas de ARN.
Anteriormente, nos oitenta, sumouse outra letra minoritaria, e agora, añadimos unha mais. 
As dúas novas letras son a metil-citosina e a última encontrada, a metil-adenina. O seu descubrimento foi  en algas, moscas e gusanos, ainda non se atopou en mamíferos, pero contase co seu futuro encontro.





A metilación de bases é un proceso vital na bioloxía molecular. Ese paso, a unión dun grupo metilo ás bases, actúa como unha sinal para activar e desactivar xenes (epixenética), pero neste caso non se trata só dunha sinal temporal.
Tal e como dí Esteller: " La metil-cisteína es muy estable, se transmite a la descendencia y está relacionada con la diferenciación sexual y la configuración del cerebro"



domingo, 3 de mayo de 2015

Iter, un dos maiores proxectos científicos do planeta.

 Cadarache, no sur de Francia é o lugar no que 34 países quixeron unir as súas forzas para levar a cabo un dos maiores proxectos científicos da actualidade.
Este proxecto consiste en producir enerxía seguindo o mesmo procedemento que o sol.
É un proxecto de fusión nuclear, chamado Iter, e ten como obxectivo demostrar que existen outros reactores capaces de producir cantidades ilimitadas de enerxía a partir da fusión atómica.
Aqui vos deixo u video no que ensinan as instalacións, o proxecto e no que consta.