sábado, 31 de enero de 2015

O impacto dos residuos que xeramos.


Nesta entrada, gustaríame facer algo distinto que nas outras. Acabo de atopar unha noticia que me parece moi interesante a cal non sabería como explicala  eu mesma, e gustoume tanto que a miña entrada vai tratar sobre ese enlace que vos vou deixar agora mesmo. 



Non vou falar moito do tempa posto que creo que está moi ben redactada esa noticia. Pero si que espero que lle botedes un vistazo e leades, por que é realmente interesante e á vez moi preocupante.

Temonos que dar conta da sorte que temos de poder vivir no planeta Terra, das vantaxes que conseguimos día a día e de todo o que avanzamos ao longo da historia. Por iso, agora temos que usar a cabeza e intentar coidar o planeta que leva tantos anos acollendonos.

A maioría das persoas seguramente pensades cousas como: "bah, para que vou a reciclar se eu só son unha persoa e non cambio nada" pero si todas as persoas que pensamos iso, comezaramos a reciclar, a utilizar medios públicos no canto de coches individuais, ou moitas outras cousas que con un pouco de esforzo se consiguen, seguramente ese indice de contaminación, o risco na capa de ozono, a extinción de moitos animais, contaminación de rios, mares, etc. Baixase.

Espero que vos guste esta entrada "un pouco diferente" e que vos faga pensar un chisco. 


1 comentario:

  1. Excelente entrada, Ángela. Seleccionas un tema de interese, preséntalo, engades unha boa ligazón, unha imaxe ou vídeo (fantástico o que seleccionas) e unha reflexión final. Segue así!

    ResponderEliminar